Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

Ofensiva de CCOO contra o recurso aos falsos autónomos no sector cárnico

    A Federación de Industria de CCOO de Galicia intensifica as súas accións para rematar coa fraude laboral que, na súa opinión, constitúe o recurso aos falsos autónomos no sector cárnico. O labor do sindicato está a dar froitos, como proba a acta de infracción aberta pola Inspección de Traballo contra unha gran cooperativa do ámbito.

    26/09/2017.
    Ofensiva de CCOO contra a fraude laboral no sector | Foto: Michael Saechang (Flickr)

    Ofensiva de CCOO contra a fraude laboral no sector | Foto: Michael Saechang (Flickr)

    Segundo CCOO, moitas empresas da industria cárnica externalizaron parte do seu proceso produtivo ?case sempre o sacrificio? a contratas que achegan man de obra barata. Moitas veces trátase de falsas cooperativas con persoal en réxime de autoemprego, pero que realmente son falsos autónomos con peores condicións laborais e salariais que no resto do sector.Pola súa dimensión, CCOO-Industria salienta o caso da Cooperativa Servicarne, na que operan cinco mil falsos autónomos en todo o Estado, boa parte deles en Galicia, «mediante un acordo mercantil coa empresa Frigolouro, do Grupo Coren».CCOO aposta por que a Dirección Xeral de Emprego lle retire a licenza administrativa a esta entidade. De feito, as denuncias da Federación de Industria poderían servir para este obxectivo, xa que a Inspección Provincial de Traballo de Pontevedra xa redactou a acta de infracción. A autoridade laboral obriga esta cooperativa a lles pagar aos seus «socios traballadores», como mínimo, o estipulado no convenio colectivo estatal de industrias cárnicas.O labor sindical xa conseguiu que tamén en Cataluña ?territorio orixe destas empresas-pantalla? se modifique a lei de cooperativas, que obriga a manterlle ao seu persoal as mesmas condicións de salario, xornada e prestacións á seguridade social que na empresa principal. CCOO-Industria pide que o Parlamento galego adopte unha medida similar á catalá, máis aínda pola importancia concreta do sector cárnico na industria alimentaria.